Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Martes, 07 de novembro de 1995 Páx. 8.165

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo número 1/1548/1995, interposto por CC.OO.-Galicia.

Ponse en xeral coñecemento que con esta data se lle remite ó presidente da Sección 1ª da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o expediente reclamado por ela en relación co recurso contencioso-administrativo nº 1548/1995, interposto por CC.OO.-Galicia, contra resolución da Delegación Provincial na Coruña con data 28-6-1995, desestimatoria de recurso ordinario contra acordo da comisión de escolarización, sobre mapa escolar, co fin de que poidan comparecer perante o devandito tribunal no prazo de nove días cantos aparezan como interesados nel, de conformidade co establecido no artigo 64 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, segundo a redacción dada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, sobre medidas urxentes de reforma procesual.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 1995.

Juan José Bértolo Cadenas

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria

6908