Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 06 de novembro de 1995 Páx. 8.154

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

APROBACIÓN inicial do PERI do polígono 2 SU-48, por instancia de Francisco Saco Pato.

Pola presente cédula anúnciase para xeral coñecemento que o Concello Pleno en sesión ordinaria celebrada o día 8 de setembro de 1995 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1.-Aprobar inicialmente o plan especial de reforma interior do polígono 2 do SU-48, promovido por Francisco Saco Pato.

2.-Somete-lo expediente a información pública polo prazo de un mes, mediante anuncios no BOP e nun dos xornais de maior difusión da provincia.

O dito prazo contará a partir do día seguinte da súa publicación e durante el poderán achegarse as alegacións que estimen pertinentes.

Todo iso de conformidade co Art. 116 do TRLS, Art. 60 da LRJAP e PAC, e demais de aplicación.

Ourense, 10 de outubro de 1995.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde

Números de teléfono do Diario Oficial de Galicia

Teléfonos: 544268 - 544270

Fax: 544272 - 544273