Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 06 de novembro de 1995 Páx. 8.149

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 16 de outubro de 1995, da Delegación Territorial de Lugo (Celeiro-Viveiro), pola que se fai pública, para efectos de notificación, a proposta de resolución do expediente sancionador número LU-070/95 incoado contra Álvaro Vázquez Méndez.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27) notifícaselle a Álvaro Vázquez Méndez, con último enderezo coñecido en r/ Álvarez Miranda, 8, Ribadeo (Lugo) do expediente instruído por infracción a Lei 6/1991, do 15 de maio (DOG nº 99, do 27 de maio e BOE do 30 de setembro), sobre infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

O interesado dispón dun prazo de oito días, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente cédula, para poder examina-lo expediente na Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura de Lugo (Celeiro-Viveiro), Avda. Ramón Canosa s/n, e presentar ante a dita delegación as alegacións que considere pertinentes, conforme o disposto no artigo 16.4º da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de proteccións de recursos marítimo-pesqueiros.

Celeiro-Viveiro, 16 de outubro de 1995.

Enrique Rodríguez Gonzalez

Delegado territorial de Lugo (Celeiro-Viveiro)

95-6838