Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 06 de novembro de 1995 Páx. 8.148

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 16 de outubro de 1995, da Delegación Territorial de Lugo (Celeiro-Viveiro), pola que se fai pública, para efectos de notificación, a resolución dos expedientes sancionadores LU-037/95 e LU-071/95.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE número 285 do 27 de novembro de 1992) notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan a resolución dos expedientes sancionadores que lles foron incoados por infraccións da Lei 6/1991, do 15 de maio (DOG nº 99, do 27 de maio e BOE do 30 de setembro), sobre infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

Os ditos interesados dispoñen dun prazo de un mes, contado a partir do día seguinte ó desta publicación para poder examina-los expedientes na Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acui

cultura de Lugo (Celeiro-Viveiro), Avda. Ramón Canosa s/n, e presenta-lo recurso ordinario dentro do mesmo prazo, perante conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura da Xunta de Galicia, conforme o disposto no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro de 1992).

Número expediente: 037/95-LU.

Denunciado: Translota, S.L.

NIF: B-15.408.230

Enderezo: polígono de Sabón, Nave 10-P.143, Arteixo (A Coruña).

Precepto infrinxido: artigo 6.12º da Lei 6/1991 do 15 de maio.

Sanción: cento cincuenta mil (150.000) pesetas.

Número expediente: 071/95-LU.

Denunciado: Francisco Alberto Rios Rego.

DNI: 76.565.392.

Enderezo: Hostal Orol, r/ San Francisco, Ribadeo (Lugo).

Precepto infrinxido: 6.10º da Lei 6/1991, do 15 de maio.

Sanción: cincuenta mil (50.000) pesetas.

Celeiro-Viveiro, 16 de outubro de 1995.

Enrique Rodríguez González

Delegado territorial de Lugo (Celeiro-Viveiro)

95-6837