Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 06 de novembro de 1995 Páx. 8.143

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ANUNCIO de información pública.

Aprobado tecnicamente, por resolución da Dirección Xeral de Obras Públicas do 17 de outubro de 1995, do anteproxecto da presa de Caldas de Reis no río Umia, clave OH.136.306; sométese o citado anteproxecto ó trámite de información pública durante un período de trinta días hábiles, a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, co fin de que, aqueles que o estimen oportuno, poidan formular por escrito ante a Subdirección Xeral de Infraestructuras Hidráulicas da Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, as observacións que crean convenientes.

O que se fai público para os efectos do previsto na Lei de expropiación forzosa e no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 1995.

Emilio García Gallego

Director xeral de Obras Públicas

9506977