Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 03 de novembro de 1995 Páx. 8.122

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (expediente FG número 237).

O Pleno do Concello, na sesión celebrada o día 28 de setembro do 1995, acordou aprobar inicialmente os estatutos e bases de actuación da xunta de compensación de parte do SUNP A-33 Montesinos, en Montrove-Liáns.

Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do expediente polo prazo de quince días, que se computará desde a derradeira publicación (DOG ou prensa). Ó longo do dito prazo o expediente quedará a disposición de todo aquel que queira examinalo,

podéndose face-las alegacións pertinentes. O expediente poderase examinar nas oficinas municipais de urbanismo das 9 ás 13 horas tódolos días laborais.

Oleiros, 20 de outubro de 1995.

Ángel García Seoane

Alcalde

95-6814