Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 03 de novembro de 1995 Páx. 8.120

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

ANUNCIO de convocatoria.

1.-Obxecto.-A contratación, mediante concurso, do servicio de asistencia sanitaria ós funcionarios de carreira do Concello de Ferrol non acollidos ó sistema de asistencia sanitaria da Seguridade Social, ó abeiro do establecido no Real decreto 480/1993, do 2 de abril e, en especial, no seu artigo 6 e na súa disposición transitoria quinta.

As prestacións do servicio terán, como mínimo, o mesmo alcance e condicións que as do sistema do réxime xeral da Seguridade Social, tal e como establece o artigo 6 e a disposición transitoria quinta do Real decreto 480/1993, do 2 de abril.

2.-Duración do contrato.-Un ano, contado desde o día da súa formalización, agás que por imposición legal ou regulamentaria deba aplicarse outro réxime de asistencia sanitaria ó persoal funcionario.

Non obstante, de mutuo acordo, ámbalas dúas partes contratantes poderán prorroga-la vixencia do contrato, sen que a súa duración total, incluídas as prórrogas, poida exceder de seis anos a prórroga do contrato.

3.-Tipo de licitación.-Ó orzamento do contrato será como máximo de trinta millóns de pesetas (30.000.000 de ptas.), e non poderá representar ningunha oferta económica, en calquera caso, unha cota mensual infe

rior ó cociente que resultaría da división do total da cotización á Seguridade Social por asistencia sanitaria, partido polo número de asegurados e beneficiarios, segundo o padrón de protexidos por este servicio no momento de se publica-lo anuncio da licitación.

4.-Garantías.-A garantía provisional queda establecida na cantiade de 600.000 ptas. A dita garantía haberase de constituír nalgún dos instrumentos autorizados polo artigo 36 da Lei de contratos das administracións públicas, que se depositarán na tesourería municipal.

O adxudicatario do contrato, dentro dos oito días naturais seguintes ó da notificación da adxudicación, constituirá unha garantía definitiva por importe de 1.200.000 ptas., e poden facelo a través dalgún dos instrumentos sinalados no artigo 37 de la lei citada e depositarse na tesourería municipal.

5.-Modelo de proposición.-As proposicións que presenten os licitadores hanse axustar ó seguinte modelo:

D/Dª......(nome, apelidos e circunstancias), con enderezo en ......, actuando en nome propio ( ou en representación de ......), informado do anuncio de concurso público para a contratación do servicio de asistencia sanitaria ós funcionarios do Concello de Ferrol non integrados no sistema de asistencia sanitaria da Seguridade Social, comprométese a realizar este servicio por unha cota mensual por beneficiario de ...............(expresalo en cifras e letra).

Todo isto de acordo co prego de cláusulas administrativas particulares, o contenido das cales declara coñecer e acepta íntegra e expresamente.

En ....., ...... de ........ de 1995.

Sinatura.

6.- Prazo, lugar e hora de presentación de proposicións.-As proposicións presentaranse directamente no Rexistro Xeral de Entrada de Documentos do Concello de Ferrol, dentro do prazo de vinte días naturais seguintes ó da publicación do último anuncio da convocatoria, xa sexa no Diario Oficial de Galicia ou no BOP da Coruña. Si o último día coincidise en sábado, o prazo de presentación de proposicións rematrá ás 13.30 horas do seguinte día hábil. Non obstante, poderán presentarse por correo nos termos do artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

A proposición presentarase da seguinte forma: a oferta económica incluirase no sobre A), e na súa parte externa farase consta-lo seguinte texto: «Oferta económica para o concurso para a contratación do servicio de asistencia sanitaria ó persoal funcionario do Concello de Ferrol». A documentación a que se refire a cláusula 9 incluirase no sobre B), e na súa parte externa farase conta-lo seguinte texto: «Documentación para o concurso para a contratación do servicio de asistencia santiaria ó persoal funcionario do Concello de Ferrol». Na parte externa de ámbolos dous sobres farase consta-lo nome do licitador e a súa sinatura e presentaranse completamente pechados, e poderán estar lacrados ou selados.

7.-Documentos que acompañarán a proposición.-As proposicións deberán ir acompañadas obrigatoriamente, en sobre á parte, dos documentos seguintes:

a) DNI do licitador, cando se trate de empresario individual.

b) O xustificante acreditativo da fianza ou garantía provisional.

c) Cando o licitador actúe en representación de unha persoa física ou xurídica, escritura de apoderamento inscrita no Rexistro Mercantil e verificado na súa suficiencia polo secretario do Concello de Ferrol.

d) Acreditación da capacidade de obrar que, cando se trate de persoas xurídicas, se fará mediante a presentación da escritura de constitución ou modificación da sociedade, inscrita/s no Rexistro Mercantil. Os empresarios non españois de estados membros da Comunidade Europea ou de outros estados distintos dos anteriores, acreditarán a súa capacidade de obrar no modo disposto para o efecto no artigo 15.2º da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas españolas.

En todo caso, os licitadores, sexan individuais o societarios, deberán acreditar debidamente ser persoas cunha finalidade ou actividade que teña relación directa co obxecto do contrato; acreditación que no caso das sociedades se ha de facer a través dos seus estatutos sociais.

e) Declaración responsable do licitador, efectuada ante notario ou autoridade administrativa ou xudicial, de que non está incurso en ningunha das prohibicións tipificadas no artigo 20 de la Lei 13/1995, de contratos coas administracións públicas, para contratar co Concello de Ferrol.

f) Certificacións expedidas polo Ministerio de Economía e Facenda e da Tesourería Xeral da Seguridade Social, acreditativas de que o licitador está ó corrente do cumprimento das obrigacións tributarias e de Seguridade Social impostas pola lexislación vixente.

g) Cantos documentos acrediten a solvencia técnica, económica e financeira dos licitadores, conforme o seguinte detalle:

-Solvencia económica e financeira: acreditarase polos seguintes medios:

1. Informe de institucións financeiras ou, sé e o caso, xustificante da existencia dun seguro de indemnización de riscos profesionais.

2. Declaración relativa á cifra de negocios global e dos servicios realizados pola empresa no curso dos tres riscos profesionais.

-Solvencia técnica e profesional: acreditarase polos seguintes medios:

1. Relación dos principais servicios sanitarios realizados nos tres últimos anos que inclúa importe, datas e beneficiarios públicos ou privados.

2. Declaración de unidades, centros sanitarios e hospitalarios participantes no contrato, estean ou non integrados directamente na empresa do contratista, dos que dispoña o empresario para a realización do obxecto.

Agás reserva expresa en contra realizada polo licitador, os beneficiarios do servicio terán dereito a utilizar tódolos medios técnicos e materiais de que dispoñan nas súas consultas os profesionais integrantes do cadro médico ou ós existentes nas unidades, centros sanitarios e hospitalarios que o contratista incluíse na súa oferta, sen pagamento de cantidade complementaria ninguha por parte do concello ou daqueles.

3. Unha declaración que inclúa o cadro médico que o empresario adscribirá para a realización do obxecto do contrato.

En calquera caso, os equipos técnicos, centros hospitalarios e sanitarios e cadro médico terán as características adecuadas para garanti-la execución do servicio nos termos previstos na cláusula segunda deste prego.

h) Memoria na que se expoñan polo miúdo, completa e singularizada tódolos servicios sanitarios e especialidades que o contratista lles prestará ós beneficiarios e na que se concreten as formalidades e normas que estes deban cumprir para acceder á utilización de tales servicios.

No caso de que se oferten, deberanse salientar especialmente, subliñando o seu carácter de mellora, aqueles servicios ou prestacións que melloren o alcance e condicións do réxime xeral da Seguridade Social.

i) Certificación ou copia autenticada dela, expedida polo Rexistro de Empresas Consultoras e de Servicios, acreditativa de que o licitador está clasificado no grupo III (servicios), subgrupo 1º (sanitarios) e categoría C (contratos cunha anualidade media que excede de 25 millóns e non supera os cincuenta), así como declaración xurada do licitador de que tal clasificación está vixente.

j) As empresas estranxeiras xuntarán declaración de se someter á xurisdicción dos xulgados e tribunais españois de calquera orde, para tódalas incidencias que de xeito directo ou indirecto puidesen xurdir do contrato, con renuncia, se é o caso, ó foro xurisdiccional estranxeiro que puidese corresponder ó licitante.

k) Cando se trate de unións de empresarios, ademais de achegar cada empresa participante os documentos a que se refiren os apartados anteriores, presentarán unha declaración conxunta, asinada por todos eles, no que se concrete a composición da unión, a participación de cada empresa e o nomeamento de representante.

8.-Criterios obxectivos de adxudicación.-Os criterios que han de servir de base para a adxudicación do contrato, relacionados por orden decrecente de importancia, serán os seguintes:

a) Solvencia técnica e profesional (na que se inclue o cadro médico e centros hospitalarios ofertados): 0 a 5 puntos.

b) Melloras nas prestacións respecto do mínimo establecido no prego: 0 a 3 puntos.

c) Solvencia económica: 0 a 3 puntos.

Grado de cobertura en caso de neglixencia, mala práctica, impericia médica ou sanitaria, etc.: 0 a 3 puntos.

e) Prezo: 0 a 0,5 puntos.

9.-Lugar, data e hora de apertura de plicas.-Terá lugar na Casa do Concello de Ferrol, ás 11 horas do día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación do proposicións, salvo que dita data coincida en sábado, se é o caso, ela terá lugar ás 11 horas do seguinte día hábil.

10.-Información.-O expediente administrativo está de manifesto no Negociado de Persoal do concello, podendo solicitarse, ademais, información telefonicamente ó nº 33 67 32, ou mediante fax ó nº 35 41 22.

Ferrol, 23 de outubro de 1995.

O alcalde.

Rubricado.

7131