Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 03 de novembro de 1995 Páx. 8.111

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 1995 pola que se convoca o concurso público -declarado de urxencia- número 26/1995 para a adquisición de diverso material mobiliario con destino á Escola Técnica Superior de Industriais de Vigo, dependente desta consellería.

Esta Consellería de Educación e Ordenación Universitaria resolveu convocar concurso público -declarado de urxencia- número 26/1995 para a adquisición de diverso material mobiliario con destino á Escola Técnica Superior de Industriais de Vigo, dependente desta consellería.

Fianza Provisional: 2% do presuposto de licitación na forma que sinala a cláusula 6.5.8ª do prego de cláusulas administrativas particulares, específico deste concurso.

Exposición e adquisición de pregos: estarán de manifesto na oficina de información da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, edificio San Caetano -Santiago de Compostela- e delegacións provinciais, durante o prazo de presentación de proposicións das 10 ás 14 horas. Para adquirir reproduccións de pregos dirixirse ó teléfono (981) 59 07 11 rúa Nova de Abaixo, nº 19-21, Santiago de Compostela.

Prazo de presentación de proposicións: comezará ó día seguinte da publicación da presente disposición no Diario Oficial de Galicia e rematará o décimo terceiro día contado a partir de dita publicación ás 14 horas.

Lugar de presentación de proposicións: rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria na forma legalmente establecida.

Documentación que terán que presenta-los licitadores: a sinalada no punto 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións económicas: realizarase o terceiro día contado a partir da finalización do prazo de proposicións.

Prazo de execución: 20 días contados a partir da notificación da adxudicación.

Gastos de publicación: por conta dos adxudicatarios.

Orzamento de licitación: 17.520.000 ptas.

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 1995.

P.D. (Orde 8-9-1994)

Juan José Bértolo Cadenas

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

95-07126