Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 03 de novembro de 1995 Páx. 8.109

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 19 de outubro de 1995, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se notifica laudo arbitral correspondente ás demandas instruídas pola Xunta Arbitral de Transportes de Galicia, devoltas polo servicio de correos por resultar descoñecido o seu destinatario (expediente XA 23/95 e XA 26/95 acumulados).

Pola presente cédula notifícaselle ó demandado cos datos e último enderezo coñecido sinalado no anexo desta cédula, o laudo arbitral dictado pola Xunta Arbitral de Transportes de Galicia, recaído nos expedientes que se citan no mencionado anexo.

Facéndolle sabe-lo dereito que lle asiste para interpor recurso de anulación diante da Audiencia Provincial da Coruña nun prazo máximo de dez días, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente cédula e polas causas previstas na Lei 36/1988, do 5 de decembro, de arbitraxe, procedendo, se é o caso, á interposición do recurso de revisión nos prazos e supostos previstos nos artigos 1796 e seguintes da Lei de axuizamento civil.

E para que conste e lle sirva de notificación ó demandado de enderezo descoñecido, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 1995.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

ANEXO

Expediente: XA 23/95 e XA 26/95 (acumulados).

Reclamante: Transportes J. Rey, S.L.

Reclamado: Inv. Galaicas de la Madera, S.L.

Último enderezo coñecido: Paseo de Colón, 5 portal 6 J (Pontevedra).

Feitos reclamación: realización de diversos servicios de transporte por conta da empresa reclamada sen que esta pagase os portes.

Data: febreiro e marzo de 1994.

Contía reclamación: 477.124 ptas.+xuros legais.

Data vista xunta arbitral: 12 de setembro de 1995.

Lugar: Dirección Xeral de Transportes, Edif. Área Central, Pza. Europa, 5A, 2ª planta, Polig. As Fontiñas, Santiago de Compostela. Laudo estimatorio.

9507124