Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 02 de novembro de 1995 Páx. 8.079

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 1995 pola que se anuncia a convocatoria dun concurso público aberto, con tramitación de urxencia, para a contratación dunha subministración consistente na adquisición de licencias de uso dun programa informático de xestión do padrón municipal de habitantes.

En virtude das facultades conferidas na vixente normativa de contratación, anúnciase a licitación dun contrato de subministración polo sistema de concurso público aberto, e con tratamitación de urxencia, suxeito ás seguintes bases:

1.-Obxecto do contrato: contratación dunha subministración consistente na adquisición de licencias de uso dun programa informático de xestión do padrón municipal de habitantes.

2.-Orzamento: 25.000.000 de ptas., IVE incluído.

3.-Entidade contratante: Instituto Galego de Estatística.

4.-Procedemento e forma de adxudicación: concurso público aberto e con tramitación de urxencia.

5.-Prazo total de entrega: 15 días contados a partir da sinatura do contrato; e sempre antes do día 15 de decembro.

6.-Documentación de interese para os licitadores: poderán retirala no Negociado do Rexistro do IGE, na Rúa Ramón Piñeiro, nº 27 de Santiago de Compostela.

7.-Presentación de ofertas: presentaranse segundo o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares, no prazo de 13 días contados a partir do seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG, no Negociado do Rexistro do IGE, en horario de nove a catorce horas, ou ben na forma prevista no Art. 100 do Regulamento de contratos do Estado.

8.-Apertura de proposicións: ó día seguinte hábil ó remate de presentación de proposicións, ás doce horas, nas dependencias do Instituto Galego de Estatística; en caso de cadrar en sábado, a apertura, terá lugar o día hábil seguinte.

9.-Fianza provisoria: 500.000 pesetas.

10.-Fianza definitiva: 1.000.000 de pesetas.

11.-O importe do presente anuncio correrá a cargo da empresa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 1995.

José A. Campo Andión

Director do Instituto Galego de Estatística

9507102