Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación dunha L.M.T., C.T. e R.B.T. Vilas II-Morgadáns que ten as seguintes características especiais:
Peticionario: Sociedad Electricista de Tui, S.A.
Lugar no que se vai establece-la instalación: en Vilas II-Morgandáns, concello de Tui.
Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.
Características principais: L.M.T., aérea, a 15/20 kV, de 604 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón e metálicos. C.T. de 160 kVA, relación de transformación 15/20 kV-400 V. R.B.T., aérea, de 450 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z.
Orzamento: 6.400.500 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 6 de setembro de 1995.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
6716