Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 02 de novembro de 1995 Páx. 8.071

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 24 outubro de 1995 pola que se resolve convocatoria, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola Orde do 12 de setembro de 1995 (DOG nº 186, do 27 de setembro).

Esta consellería, no uso das facultades e atribucións conferidas pola Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e os artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e no uso das facultades conferidas polo artigo 15.4º da referida lei,

RESOLVE:

Primeiro.-Adxudicarlle destino no posto de traballo que se indica ó funcionario do que se expresan os seus datos no anexo desta orde.

Segundo.-O cesamento no actual destino do funcionario que obtivo a praza, producirase no prazo de tres días contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión da praza adxudicada deberá realizarse no prazo dos tres días seguintes ó do cesamento, se se trata da mesma localidade na que presta os seus servicios o funcionario, ou no prazo dun mes se se trata de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Terceiro.-A Xefatura de Persoal do centro onde curse alta o funcionario realizará, dentro dos prazos sinalados nos apartados anteriores, a dilixencia de toma de posesión e seguidamente levaranse a cabo os trámites necesarios para a entrada en nómina.

Da dilixencia efectuada daráselle traslado, mediante fotocopia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto.-Contra esta orde poderase interpoñer recurso contencioso administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, comunicando previamente a esta consellería a vontade de interpoñelo.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Denominación do posto: xefe de Servicio de Promoción Estudiantil.

Código do posto: ED.C99.10.000.27001.111.

Dependencia: delegación provincial.

Localidade: Lugo.

Grupo: A.

Nivel: 28.

Corpo/escala: xeral.

Apelidos e nome: Penas Enríquez, Beatriz.

Nº R.P.: 33.849.755.24.A2060.

95-7080