Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 02 de novembro de 1995 Páx. 8.050

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 1995 sobre autorización de apertura de dous novos establecementos da axencia de viaxes Mundy-Boy, S.A., sitas nas rúas Travesía do Peirao, s/n de Rianxo, e na praza do Concello, 4 de Ribeira.

Vistos os expedientes instruídos por instancia de Juan Carlos González Sánchez, na súa calidade de representante da axencia de viaxes Mundy-Boy, S.A., en solicitude da autorización de apertura de dous novos establecementos, en Rianxo, na Travesía do Peirao, s/n, e en Ribeira, na praza do Concello, 4, da axencia de viaxes Mundy-Boy, S.A., que ten a súa casa central en Palencia, na rúa General Franco, 7.

Resultando que o interesado, xunto coa solicitude, xuntou toda a documentación a que fai referencia o artigo 10 do Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, aprobado mediante o Decreto 155/1989, do 22 de xuño.

Resultando que na tramitación do expediente se observaron tódolos requisitos e formalidades establecidas regulamentariamente.

Considerando que na empresa solicitante e nos novos establecementos da axencia de viaxes, sitos nas rúas Travesía do Peirao, s/n de Rianxo, e na praza do Concello, 4 de Ribeira, concorren tódalas condicións esixidas polo mencionado regulamento para a obtención da súa autorización.

Vistos o Real decreto 2085/1983, do 1 de setembro, de traspaso de funcións e servicios do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de turismo, a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente, o Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, e a Orde do 4 de outubro de 1995, da Consellería da Presidencia e Administración Pública, pola que se delega no secretario xeral para o Turismo a competencia para autoriza-los novos establecementos das axencias de viaxes xa autorizadas, a Secretaría Xeral para o Turismo,

RESOLVE:

Autorizar á axencia de viaxes Mundy-Boy, S.A., minorista, co código de identificación C.I.C.L. 34-03, sita en Palencia, na rúa General Franco, 7, da que é representante legal Juan Carlos González Sánchez, a apertura de dous novos establecementos en Rianxo, na Travesía do Peirao, s/n, e en Ribeira, na praza do Concello, 4, que serán inscritos no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

Contra esta resolución, o interseado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior

de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 1995.

P.D. (Orde do 4-10-1995)

Francisco García-Bobadilla Prósper

Secretario xeral para o Turismo

9506770