Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Martes, 31 de outubro de 1995 Páx. 8.033

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 4 de outubro de 1995 pola que se modifica a proposta de aspirantes que superaron as probas selectivas para o acceso á escala básica de vixilancia pesqueira, aprobada por Resolución do 26 de abril de 1995 do tribunal designado para xulga-las probas.

Advertidos erros na citada orde publicada no DOG nº 203 do 23 de outubro, cómpre face-las seguintes correccións:

Onde di: «aspirante polo coto reservado a persoas con minusvalideces», debe dicir: «aspirante pola cota reservada a persoas con minusvalideces».

No posto nº 61 debaixo do nome, onde di: «32.58», debe dicir: «puntos 32.258».

7036