Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Luns, 30 de outubro de 1995 Páx. 8.005

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

MINISTERIO DE DEFENSA

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 1995, da Xerencia de Infraestructura da Defensa, pola que se anuncia a poxa pública de varias propiedades do Estado, ramo de Defensa na Coruña.

1. Parcela 9A do polígono dos Rosales.

-Situada no polígono dos Rosales, monte de San Pedro, termo municipal da Coruña.

-Inscrita no Rexistro da Propiedade núm. 2 da Coruña, libro 968, sección 2ª, folio 203, predio 72.147 N, inscrición 3ª.

-Superficie: 1.179 m aproximadamente, solo urbano. Edificabilidade: 6.395, 3.325 m en baixa + 8 plantas.

-Cantidade tipo para a poxa: cento cincuenta e tres millóns seiscentas cincuenta e nove mil trescentas cinco pesetas (153.659.305 ptas).

-Uso permitido para: garaxe na totalidade do subsolo, comercial e residencial en superficie ou parte aérea.

2. Almacén local de Intendencia.

-Situado na cidade de Ferrol ó norte da denominada estrada de Castela.

-Inscrita no Rexistro da Propiedade de Ferrol, tomo 684, libro 134, folio 153, predio 9617, inscrición 1ª.

-Superficie segundo Rexistro da Propiedade do Ferrol de 7.322,50 m. Superficie real segundo plano 5.600 m2, solo urbano. Edificabilidade: soto baixo rasante: 10.152 m, baixo e entreplanta (comercial/oficinas): 3.654 m. Plantas altas. 13.257 m.

-Cantidade tipo para a poxa: cincocentos dous millóns de pesetas (502.000.000 ptas).

3. Destacamento da Comandancia Rexional de Obras.

-Situado en Ferrol, barrio da Madanela, r/ Real nº 23.

-Inscrita no Rexistro da Propiedade de Ferrol, tomo 549, libro 93, folio 59, predio núm. 5164, inscrición 1ª.

-Superficie segundo rexistro: 274 m, superficie construída 606 m.

O DIARIO OFICIAL DE GALICIA

VÉNDESE:

NA CORUÑA:EN PONTEVEDRA:

Na librería Arenas, Cantón Grande, 21En Luís Paredes Rey, rúa Benito Corbal, 1.

Na librería Inoa, Federico Tapia, 55.Na librería Gonzalo Rey, rúa Benito Corbal, 29.

EN FERROL:

Na librería Central Librera, rúa Dolores, 2 e 4.EN SANTIAGO DE COMPOSTELA:

Na librería Egea, rúa Sol, 74.Nos edificios administrativos de San Caetano,

edificio central, planta baixa, rexistro xeral.

EN LUGO:Na librería Toral, Cantón do Toural, 7.

Na librería Souto, praza de España, 14.Na papelería Xaquín, Rúa Nova de Abaixo, 10.

EN OURENSE:

En Aníbal e Hijos, S.L., Avda. da Habana, 65.EN VIGO:

No quiosco «La Viuda», rúa Lamas Carvajal, 46.En Librería Colón, rúa Colón, 22.

-Cantidade tipo para a poxa: corenta e sete millóns oitocentas dezasete mil catrocentas corenta pesetas (47.817.440 ptas).

4. Aloxamento da antiga Batería A.A. de monte Covas.

-Situado no lugar de Balón, t.m. de Ferrol, ó inicio do camiño de acceso da Batería.

-Figura inscrita no Rexistro da Propiedade de Ferrol, tomo 764, libro 188, folio 100, predio 18452, inscrición 1ª.

-Superficie segundo rexistro 6694 m, ocupada por edificios 300 m e 600 m de cuberta aproximadamente.

-Servirá de tipo para a poxa a cantidade de tres millóns catrocentas corenta e cinco mil duascentas corenta e unha pesetas (3.445.241 ptas).

Foi declarada a súa desafectación, alleabilidade e posta ó dispor da Xerencia de Infraestructura da Defensa con datas 14 de febreiro de 1991, 29 de maio de 1990, 24 de xuño de 1991 e 2 de outubro de 1990, respectivamente.

O acto da poxa celebrarase perante a mesa constituída para o efecto, no salón de actos de Acuertelamento de Atocha, praza Millán Astray, s/n, A Coruña, o día 28 de novembro de 1995 a partir das 10 horas.

Información e pregos de condicións: na Xerencia de Infraestructura da Defensa, r/ Princesa, 32, Madrid, Tfno: (91) 5 42 08 09, e nas oficinas do Goberno Militar da Coruña, r/ Veeduría, s/n. A Coruña, en horas de oficina.

Madrid, 17 de outubro de 1995.

Jesús Melgar Fernández

Xeneral director-xerente