Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Luns, 30 de outubro de 1995 Páx. 8.003

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 1995, da Dirección Xerencia de Atención Primaria de Lugo, pola que se anuncia a contratación polo procedemento aberto, mediante concurso, por trámite de urxencia, da subministración de material informático para equipamento dos centros dependentes da Xerencia de Atención Primaria de Lugo.

A Dirección Xerencia de Atención Primaria de Lugo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no apartado f do artigo 7º da Orde do 15 de setembro de 1994 (DOG nº 191, do 3 de outubro), convoca expediente de contratación polo procedemento aberto, mediante concurso, da subministración de material informático para equipamento dos centros dependentes da Xerencia de Atención Primaria de Lugo.

Obxecto e orzamento: a subministración de diverso material informático, por un orzamento máximo de tres millóns oitocentas mil pesetas (3.800.000 ptas.).

Prazo de entrega: os equipos obxecto do presente concurso deberán de ser entregados no prazo inmediato contado a partir da data de notificación da adxudicación no almacén da Xerencia de Atención Primaria, sito na rúa da Industria nº 43-A, polígono do Ceao de Lugo.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pode ser solicitada no Servicio de Subministracións da Xerencia de Atención Primaria de Lugo, praza de Ferrol nº 11, 4ª planta, 27001, Tfno. (982) 29 62 29 e 29 62 19. Fax (982) 24 24 16.

Fianzas: deberá consignarse unha fianza provisional do 2% do orzamento de licitación máximo de cada lote e unha fianza definitiva do 4%. As devanditas fianzas constituiranse segundo o disposto nos artigos 36 e 37 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Clasificación: non se precisa.

Admisión de variantes: non se admiten.

Solvencia económica e financeira: deberá de acreditarse por algún dos medios previstos no artigo 16 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

Solvencia técnica: deberá de acreditarse por algún dos medios previstos no artigo 18 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

Criterios de adxudicación:

-Calidade: ata 10 puntos.

-Características funcionais: ata 8 puntos.

-Prezo: ata 6 puntos.

-Servicio técnico e repostos: ata 4 puntos.

-Prazo de garantía: ata 3 puntos.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados

polo licitador ou persona que o represente, no Rexistro da Xerencia de Atención Primaria de Lugo antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle á Xerencia de Atención Primaria a remisión da oferta mediante telex ou telegrama no mesmo día.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Centro de Especialidades de Lugo, sito na praza de Ferrol nº 11-5ª planta, ás 10 horas do undécimo día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que deberán aporta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta dos adxudicatarios do contrato.

Lugo, 11 de outubro de 1995.

Ascensión Yeguas Sánchez

Directora xerente de Atención Primaria de Lugo

95-07029