Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Luns, 30 de outubro de 1995 Páx. 8.002

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 1995, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia contratación polo sistema de concurso público e procedemento aberto para a redacción do proxecto básico e de execución de instalación da Dirección Provincial do Sergas no edificio da Delegación de Sanidade de Lugo.

Obxecto: redacción de proxecto básico e de execución.

Obra: situación da Dirección Provincial do Sergas no edificio da Delegación de Sanidade de Lugo.

Orzamento de contrata: 4.755.072 ptas.

Prazo de execución: 1 mes.

Clasificación do contratista: non se esixe.

Fianza definitiva: non se esixe.

Exposición de documentación: poderá examinarse na Dirección Xeral de Recursos Económicos, (Subdirección Xeral de Investimentos), edificios administrativos de San Caetano, en Santiago de Compostela, en días hábiles das 9 ás 14 horas.

Prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse en man, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural a partir da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Documentación que teñen que presentar os licitadores: os licitadores presentarán en sobre pechado e asinado por eles, a solicitude para participar, así como a documentación persoal e referencias técnicas, descritas no punto 5 do P.C.A.P.

Apertura de proposicións: realizaraa a mesa de contratación nas dependencias da Dirección Xeral de

Recursos Económicos, a partir das 10 horas do undécimo día natural seguinte ó peche do prazo de admisión de ofertas.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 1995.

P.D. (Decreto 199, do 16-6-1994)

Antonio Carbajo Romero

Director xeral de Recursos Económicos

9506899