Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Luns, 30 de outubro de 1995 Páx. 7.999

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 1995, da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol, área de Ferrol, pola que se anuncia o concurso público número 1/1995 M.I., por procedemento aberto, trámite de urxencia, para a subministración de mobiliario xeral.

A Dirección-Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol, área de Ferrol, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 15 de setembro de 1994 (DOG nº 191 do 3 de outubro) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca polo trámite de urxencia, o seguinte concurso público:

Obxecto e orzamento: subministración de,

C.P.: 1/1995.

Denominación: mobiliario xeral.

Importe: 2.452.100 ptas.

No dito importe inclúese o IVE.

Prazo de execución: os bens obxecto do presente concurso entregaranse no prazo máximo de un mes natural a partir da notificación da adxudicación definitiva.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden solicitarse na Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (ambulatorio Fontenla Maristany) plaza de España 19-20 de Ferrol, nos días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

Fianzas:

a) Provisional: o 2% do orzamento de licitación, que se constituirá segundo o disposto no artigo 36 da Lei 13/1995 de contratos das administracións públicas.

b) Definitiva: será o 4% do importe adxudicado.

Clasificación: non se esixe.

Solvencia técnica: ver artigo 18 da L.C.A.P. (Apartados d) e )).

Solvencia económica: ver artigo 16 da L.C.A.P. (Punto 1 apartado a)).

Admisión de variantes: admítense, especificando brevemente, pero dun xeito claro, cales son, ó seu xuízo, as vantaxes delas.

Presentación de proposicións: as proposicións presentaranse na man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol, (ambulatorio Fontenla Maristany) plaza de España 19-20 de Ferrol, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no punto 9.1 do prego de cláusulas administrativas.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sá de xuntas do

ambulatorio Fontenla Maristany de Ferrol, ás 10 horas do sexto día natural, de presentación de ofertas; no caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.

Documentos que deberan presenta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: a adxudicación realizarase tendo en conta os seguintes criterios:

1. Calidade dos materiais segundo o prego de prescricións técnicas: ata 5 puntos.

2. Prezo ofertado: ata 4 puntos.

3. Prazo de garantía: ata 3 puntos.

4. Prazo de entrega: ata 3 puntos.

5. Servicio posvenda: ata 3 puntos.

Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

Ferrol, 2 de outubro de 1995

Bernardo Seoane Díaz

Xerente de Atención Primaria da Coruña-Ferrol

95-07025