Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Luns, 30 de outubro de 1995 Páx. 7.995

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 286/1995 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación de L.M.T. D/C Ribadelouro-Caldelas e C.T. Seixal, coas seguintes características especiais:

Peticionario: Sociedad Electricista de Tui, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde Ribadelouro a Caldelas, concello de Tui.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais: L.M.T., sobre circuito, aéreo-subterránea, a 20 kV, de 1.086 m de lonxitude o tramo aéreo e 452 m de lonxitude o subterráneo, con conductores LA-80 e R.H.V., sobre apoios metálicos e de formigón.

C.T. de 250 kVA, relación de transformación 20 kV-398/230 V.

Orzamento: 15.909.801 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 6 de setembro de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

95-6929