Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Luns, 30 de outubro de 1995 Páx. 7.974

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 2 de outubro de 1995 pola que se convocan cursos de formación continua para o persoal da Xunta de Galicia.

Advertidos erros na devandita resolución, publicada no DOG número 196, do 11 de outubro de 1995, cómpre face-las seguintes correccións:

-Na páxina 7.574, columna dereita, parágrafo segundo do anexo I onde di: «activacións»; debe dicir: «actuacións».

-Na mesma páxina e columna, o parágrafo cuarto do anexo I debe ser substituído polo seguinte:

«Como consecuencia, e dentro do plan de Formación Continua para 1995, a través desta convocatoria de vintedous cursos, abránguese unha primeira fase de formación deste persoal, á que seguirán sucesivas convocatorias ata conseguir que todo o persoal interesado reciba a axeitada formación para o desenvolvemento da súa función».

6757