Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Venres, 27 de outubro de 1995 Páx. 7.964

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE RIBEIRA

CÉDULA de citación (340/1995).

En virtude do disposto neste xulgado nos autos de medidas provisionais número 340/1995, promovidos por María Josefa Reino Seráns, contra José Adelino Prego Prego, cítase a Vde, para que o próximo día 23 de novembro de 1995 ás 10 horas da mañá, compareza perante este xulgado co fin de ser oído nas referidas medidas, prevíndoo de que de non comparecer continuará o xuízo na súa rebeldía e non facéndolle máis notificacións nin citacións cás sinaladas na lei.

E para que sirva de citación en legal forma a tódolos fins dispostos, a José Adelino Prego Prego, con domicilio descoñecido, libro e asino a presente cédula en Ribeira o catro de outubro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

6557