Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Venres, 27 de outubro de 1995 Páx. 7.964

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 1995 pola que se nomea catedrático de universidade da área de coñecemento de historia da arte, do departamento de Composición, a Ramón José Yzquierdo Perrín.

De conformidade coa proposta elevada pola comisión designada para xulga-lo concurso convocado por resolución da Universidade da Coruña do 1 de xuño de 1994 (BOE do 29 de xuño) para a provisión da praza número 025/1994 de catedrático de universidade da área de coñecemento de historia da arte, do departamento de Composición desta universidade, a favor de Ramón José Yzquierdo Perrín, e unha vez acreditados polo interesado os requisitos a que alude o artigo 5.2º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Ramón José Yzquierdo Perrín, catedrático de universidade da área de coñecemento de historia da arte, do departamento de Composición desta universidade.

A Coruña, 5 de outubro de 1995.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

95-6613