Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Xoves, 26 de outubro de 1995 Páx. 7.933

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 1995, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público aberto, polo trámite de urxencia, para a subministración de un equipo completo de manometría estacionaria e un equipo de pHmetría ambulatoria para o Hospital Meixoeiro de Vigo (Pontevedra) (SCC.-38/1995).

O Servicio Galego de Saúde, por proposta da Dirección Xeral de Recursos Económicos, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la subministración que a seguir se cita:

Subministración: equipo completo de manometría estacionaria e un equipo de pHmetría para o Hospital Meixoeiro de Vigo Pontevedra (SCC.-38/1995).

Orzamento: 8.220.000 ptas., IVE incluído.

Fianza provisional: 164.400 ptas.

-Lote nº 1: equipo de manometría estacionaria.

Orzamento: 6.260.000 ptas.

Fianza provisional: 125.200 ptas.

-Lote nº 2: equipo de pHmetría ambulatoria.

Orzamento: 1.960.000 ptas.

Fianza provisional: 39.200 ptas.

Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e trámite de urxencia.

Prazo de execución: os bens obxecto do presente concurso público entregaranse no prazo de 30 días contados a partir da data de notificación da adxudicación.

Admisión de variantes: non se admiten variantes.

Solvencia económica e financeira: acreditarase de acordo co establecido no artigo 16.1º a) e b) da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

Solvencia técnica: acreditarase de acordo co establecido no artigo 18 a), c) e d) da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

Criterios de adxudicación:

1. Calidade dos materiais e a súa adecuación ó solicitado no prego de prescricións técnicas: ata 5 puntos.

2. Prezo ofertado: ata 4 puntos.

3. Prazo de entrega: ata 2 puntos.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de claúsulas administrativas particulares, e demais documentación complementaria estarán de manifesto e a disposición dos concursantes para o seu exame nos servicios centrais da Dirección Xeral de Recursos Económicos, edificios administrativos de San Caetano, bloque 2-2º en Santiago de Compostela, e nas direccións provinciais do Servicio Galego de Saúde, tódolos días laborables, agás sábados, de 9 a 14 horas.

Presentación de proposicións: as proposicións deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Servicio Galego de Saúde, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro de prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (981) 54 27 62 ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Apertura de proposicións: terá lugar na sala de xuntas do Servicio Galego de Saúde, edificios administrativos de San Caetano, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar ó día hábil seguinte.

Documentación que achegarán os licitadores: os documentos que figuran no prego de claúsulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento do anuncio do presente concurso público será por conta do/s adxudicatario/s do/s contrato/s.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 1995.

Antonio Carbajo Romero

Director xeral de Recursos Económicos

6900