Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Xoves, 26 de outubro de 1995 Páx. 7.930

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 1995, da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol, área da Coruña, pola que se anuncia concurso público aberto, polo trámite de urxencia, para a subministración de mobiliario xeral (C.P. 5/1995).

A Dirección-Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol, área da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 15 de setembro de 1994 (DOG nº 191, do 3 de outubro) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca polo trámite de urxencia o seguinte concurso público:

Obxecto: subministración de mobiliario xeral.

Os licitadores poderán concorrer a un, a varios ou á totalidade dos lotes nos que se divide o obxecto da subministración.

Orzamento: 4.823.621 ptas. (IVE incluído).

Forma de adxudicación: concurso público polo procedemento aberto e urxente.

Prazo de entrega: un mes natural contado a partir da data da adxudicación.

Documentación de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pode ser solicitada no rexistro xeral da Xerencia de Atención Pri

maria da Coruña-Ferrol, Área da Coruña, Ambulatorio de San Xosé, r/ Comandante Fontanes, 8 planta baixa, 15003 A Coruña. Teléfono: (981) 22 83 14. Fax: 20 84 73, en días hábiles desde as 9 ata as 14 horas.

Fianzas:

a) Provisional: 2% do orzamento de licitación, que se constituirá segundo o disposto no artigo 36 da Lei 13/1995 de contratos das administracións públicas.

b) Definitiva: será do 4% do importe da adxudicación.

Clasificación: non se esixe.

Solvencia técnica: ve-lo artigo 18 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas, apartados d) e e).

Solvencia económica: ve-lo artigo 16 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas, punto 1, apartado a).

Admisión de variantes: admítense, e deberansee especificar brevemente e de maneira clara cales son, a xuízo da empresa licitadora, as súas vantaxes.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol, área da Coruña, Ambulatorio de San Xosé, r/ Comandante Fontanes, nº 8, planta baixa, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG, ou por correo, na forma indicada no punto 9.1 do prego de cláusulas administrativas.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación reunida a tal efecto, en acto público, na sala de xuntas da Xerencia de Atención Primaria, sita na Coruña na rúa Comandante Fontanes, nº 8, 5ª planta, ás 10 horas do sexto día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o seguinte día hábil.

Documentación que terán que aporta-los licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: a adxudicación realizarase tendo en conta os criterios que a continuación se especifican:

1. Calidade dos materiais segundo o prego de prescricións técnicas: ata 5 puntos.

2. Prezo ofertado: ata 4 puntos.

3. Prazo de garantía: ata 3 puntos.

4. Prazo de entrega: ata 3 puntos.

5. Servicio posvenda: ata 3 puntos.

Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso correrá por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 5 de outubro de 1995.

Bernardo Seoane Díaz

Director-xerente de Atención Primaria da Coruña-Ferrol

95-6896