Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Xoves, 26 de outubro de 1995 Páx. 7.929

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 1995, da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol, área da Coruña, pola que se anuncia concurso público aberto, polo trámite de urxencia, para a subministración de material informático (C.P. 3/1995).

A Dirección-Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol, área da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 15 de setembro de 1994 (DOG nº 191, do 3 de outubro) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca polo trámite de urxencia o seguinte concurso público:

Obxecto: subministración de material informático.

Orzamento: 20.167.000 ptas. (IVE incluído).

Forma de adxudicación: concurso público polo procedemento aberto e urxente.

Prazo de entrega: un mes natural contado a partir da data da adxudicación.

Documentación de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pode ser solicitada no rexistro xeral da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol, área da Coruña, Ambulatorio de San Xosé, r/ Comandante Fontanes, 8 planta baixa, 15003 A Coruña. Teléfono: (981) 22 83 14. Fax: 20 84 73, en días hábiles desde as 9 ata as 14 horas.

Fianzas:

a) Provisional: 2% do orzamento de licitación, que se constituirá segundo o disposto no artigo 36 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

b) Definitiva: será do 4% do importe da adxudicación.

Clasificación: non se esixe.

Solvencia técnica: ve-lo artigo 18 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas, apartados a) b) e d).

a) Relación das principais subministracións efectuadas durante os tres últimos anos, indicándose o seu importe, datas e destino público ou privado, á que se incorporarán os correspondentes certificados sobre estas.

b) Descrición do equipo técnico, medidas empregadas polo subministrador para asegura-la calidade e os medios de estudio e investigación da empresa.

d) Mostras, descrición e fotografías dos productos que se pretenden subministrar.

Solvencia económica: ve-lo artigo 16 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas, punto 1, apartado a).

Admisión de variantes: admítense, debéndose especificar brevemente e de maneira clara cales son, a xuízo da empresa licitadora, as vantaxes delas. En ningún caso se admitirán variantes por debaixo das condicións mínimas que se esixe no prego de prescricións técnicas.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol, área da Coruña, Ambulatorio de San Xosé, r/ Comandante Fontanes, nº 8, planta baixa, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG; ou por correo, na forma indicada no punto 9.1 do prego de cláusulas administrativas.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación reunida a tal efecto, en acto público, na sala de xuntas da Xerencia de Atención Primaria, sita na Coruña, rúa Comandante Fontanes, nº 8, 5ª planta, ás 10 horas do sexto día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar ó seguinte día hábil.

Documentación que terán que aporta-los licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: a adxudicación realizarase tendo en conta os criterios que a continuación se especifican:

1. Calidade dos materiais segundo o prego de prescricións técnicas: ata 5 puntos.

2. Prezo ofertado: ata 4 puntos.

3. Prazo de garantía: ata 3 puntos.

4. Prazo de entrega: ata 3 puntos.

5. Servicio posvenda: ata 3 puntos.

Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso correrá por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 5 de outubro de 1995.

Bernardo Seoane Díaz

Director-xerente de Atención Primaria de A Coruña-Ferrol

95-6894