Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Xoves, 26 de outubro de 1995 Páx. 7.927

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 3 outubro de 1995, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, pola que se anuncia contratación, polo sistema de concurso mediante procedemento aberto e tramitación urxente, para a adquisición de diversos aparellos médicos do plan de necesidades. (Expediente 15/1995), aparellos e material para anatomía patolóxica. (Expediente 16/1995) e lotes de mobiliario xeral e clínico. (Expediente 17/1995).

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 15 de setembro de 1994 (DOG nº 191, do 3 de outubro), convoca o seguinte concurso:

-Expediente 15/1995.

1. Obxecto: adquisición de diversos aparellos médicos do plan de necesidades do complexo hospitalario (complementos opcionais para o sistema de ecografía de alta resolución, aparellos de anestesia con monitorización, analizador de osíxeno nítrico, autorrefractómetro).

2. Orzamento: 25.750.000 ptas, IVE incluído.

-Expediente 16/1995.

1. Obxecto: adquisición de aparellos e material para o servicio de anatomía patolóxica e pequenos aparellos auxiliares.

1. Orzamento: 17.576.750 ptas., IVE incluído.

-Expediente 17/1995.

1. Obxecto: adquisición de diversos lotes de mobiliario xeral e clínico.

2. Orzamento: 13.822.000 ptas, IVE incluído.

3. Prazo de execución: 30 días (expedientes 15 e 16/1995) e 15 días (expediente 17/1995), dende a notificación da adxudicación.

4. Garantía provisioal: 2% do orzamento de licitación de cada un dos lotes que se presente a oferta.

5. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e tramitación urxente.

6. Clasificación: non se exise.

7. Solvencia económica e financeira: acreditarase segundo dispón o artigo 16.1º c) da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

8. Solvencia técnica: acreditarase conforme dispón o artigo 18 a) e d) da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

9. Criterios de adxudicación:

9.1. Prezo: ata 5 puntos.

9.2. Calidade técnica: ata 3 puntos.

9.3. Servicio técnico: ata 2 puntos.

10. Documentación: o prego de cláusulas administrativas particulares, e demais documentación complementaria pódese solicitar no Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, rua Pizarro, 22, 36204 Vigo, en días laborais desde as 9 hasta as 14 horas, teléfono número (986) 81 60 23 e fax número (986) 81 60 65.

11. Prazo de presentación de proposicións: as proposicions, deberanse presentar en man, no Rexistro Xeral do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partires do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

12. Documentación que deben presenta-los licitadores: presentarán en sobre pechado e asinado polo licitador a solicitude para participar, así como a documentación persoal e referencias técnicas, descritas no PCAP.

13. Apertura de proposicións: a apertura das proposicions admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público, na sala de xuntas do Hospital Xeral ás 10 horas do decimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicions terá lugar no día hábil seguinte.

14. Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Vigo, 3 de outubro de 1995.

Juan José Equiza Escudero

Director xerente do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo

95-6892