Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Xoves, 26 de outubro de 1995 Páx. 7.911

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 1995 pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo, número 01/0001635/1995, interposto por Fernando Fernández Almuíña.

Recibida da sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, providencia pola que se admite o recurso contencioso-administrativo número 01/0001635/1995, interposto polo recorrente contra resolución da Dirección Xeral de Persoal do 5 de xullo de 1995, que desestima o recurso ordinario interposto por Fernando Fernández Almuíña contra a resolución do delegado provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Ourense, sobre dar de baixa na súa nómina a percepción do complemento específico de director do colexio público Seixalbo, de Seixalbo.

En consecuencia, esta secretaría xeral acordou nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala. O que se lles notifica para xeral coñecemento a tódalas persoas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan comparecer como parte en autos na sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de 9 días.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 1995.

Juan José Bértolo Cadenas

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria

6779