Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Xoves, 26 de outubro de 1995 Páx. 7.910

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 274/1995, do 13 de outubro, polo que se desafectan do dominio público 150 m dun terreo ocupado pola estrada OR.411 de Bande a Condado, tramo Cortegada-Pontebarxas (Ourense).

O artigo 10.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, sinala que cando os bens e dereitos non fosen necesarios para o cumprimento dos fins determinantes da súa afectación, cesará a súa natureza demanial e adquirirán a condición de patrimoniais, sen perxuizo, se é o caso, do dereito de reversión nos termos da lexislación de expropiación forzosa, respecto daqueles bens adquiridos por este título.

O apartado segundo do antedito artigo establece que a desafectación dos bens de dominio público da Comunidade Autónoma deberá facerse mediante acordo do Consello da Xunta, prevía instrucción do expediente pola Consellería de Economía e Facenda, instancia da consellería interesada, e sempre que se acredite a desaparición das causas xustificativas da afectación.

A Delegación Provincial de Ourense da Consellería de Política Territorial Obras Públicas e Vivenda solicitou a desafectación de 150 m dun terreo ocupado pola estrada OR.411 de Bande a Condado, tramo Cortegada-Pontebarxas (Ourense), xustificando esta nas obras de acondicionamento da estrada OR.411, que motivou o desprazamento desta carretera, deixando fóra de servicio un tramo dela.

Por todo isto, de conformidade coa proposta da Consellería de Economía e Facenda e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día trece de outubro de mil novecentos noventa e cinco,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Desaféctase do dominio Público 150 m dun terreo ocupado pola estrada OR. 411 de Bande a Condado, tramo Cortegada-Pontebarxas (Ourense).

Artigo 2º

O inmoble anteriormente descrito adquire natureza patrimonial.

Santiago de Compostela, trece de outubro de mil novecentos noventa e cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

6852