Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Mércores, 25 de outubro de 1995 Páx. 7.905

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 1995 pola que se anuncia poxa con procedemento aberto para a execución das obras comprendidas no proxecto de reposición de pavimento na cidade con baldosa hidráulica.

Exponse o público durante o prazo de oito días hábiles que determina o Art. 122 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, o prego de cláusulas administrativas particulares regulador da poxa con procedemento aberto para a execución das obras comprendidas no proxecto de reposición de pavimento na cidade con baldosa hidráulica.

Simultaneamente, e para o caso de que non se presenten reclamacións contra el, anúnciase a licitación, conforme as seguintes condicións:

Obxecto: execución das obras comprendidas no proxecto de reposición de pavimento na cidade con baldosa hidráulica. (Ref. 095/95).

Orzamento: 9.000.208 ptas. (IVE incluído).

Garantías: provisional: 180.004 ptas.; definitiva: 4% do orzamento.

Modelo de proposición: as proposicións económicas axustaranse ó seguinte modelo:

«D./Dona...., veciño/a de...., con enderezo en...., provisto/a de DNI nº...., en representación de...., con enderezo en.... (ou en nome propio), informado/a do anuncio de poxa para a contratación das obras comprendidas no proxecto de reposición de pavimento na cidade con baldosa hidráulica e dos pregos de condicións que o regulan, que acepto integramente e me comprometo a acatar, formulo proposición optando á adxudicación polos prezos unitarios seguintes ... pesetas (IVE incluído).

En proba de aceptación de tales compromisos deixo asegurada esta proposición co depósito previo esixido, como xustifico co resgardo adxunto.

Data e sinatura do propoñente».

Presentación de proposicións: presentaranse en dous sobres pechados no rexistro xeral de entrada deste concello, en man ou por correo, no prazo de vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia, en horas de nove a trece. En caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este

automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

Nos anversos dos sobres consignarase: «Proposición que presenta.... para optar á poxa para a contratación das obras comprendidas no proxecto de reposición de pavimento na cidade con baldosa hidráulica.».

Prego de condicións: poderán ser examinados e retirada copia na Unidade de Obras e Concesións, 2ª planta do Pazo Municipal, praza de María Pita, nº 1, 15001 A Coruña.

A Coruña, 10 de outubro de 1995.

O alcalde

Rubricado

6831