Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Mércores, 25 de outubro de 1995 Páx. 7.903

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 1995, da Dirección Xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras, para a adquisición dun guindastre para o porto pesqueiro de Foz, polo procedemento aberto por concurso.

Obxecto: adquisición dun guindastre con destino ó porto pesqueiro de Foz.

Prazo de execución: un mes contado desde a sinatura do contrato.

Orzamento: cinco millóns cincocentas mil pesetas (5.500.000 ptas.).

Documentación de interese para os licitadores: a documentación poderá solicitarse na Dirección Xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras (rúa de Sar, nº 75, Santiago de Compostela), o en calquera das delegacións territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, nos días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións.

Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no Art. 100 do RXCE. O prazo de admisión rematará ás catorce horas do primeiro día hábil no que se cumpran trece días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado o prazo entenderase prorrogado ata as 14 horas do seguinte día hábil.

Apertura de proposicións: en acto público ás 10 horas do primeiro día hábil no que se cumpran cinco días naturais, contados desde a data seguinte ó remate do prazo de presentación de ofertas. De coincidir en sábado, a apertura será o seguinte día hábil.

Documentos que deben achega-los licitadores: serán os indicados no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario e deberá ser aboado con anterioridade á sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 1995.

Samuel Juárez Casado

Director xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras

6828