Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Luns, 23 de outubro de 1995 Páx. 7.846

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 1995 pola que se anuncia concurso para la subministración de almanaques da Coruña para o ano 1996.

Obxecto: subministración de almanaques da Coruña para o ano 1996. (Ref. S95/155).

Tipo de licitación: 4.000.000 de pesetas (IVE incluído).

Garantías: provisional, 80.000 pesetas; definitiva, 4% do importe da adxudicación.

Modelo de proposición: as proposicións económicas axustaranse ó seguinte modelo:

Don/Dona..., veciño/a de..., con enderezo en... provisto de DNI nº..., en representación de..., con enderezo en... (ou en nome propio), informado do anuncio de concurso para subministración de almanaques da Coruña para o ano 1996, e do prego de condición que o regula, que acepto integramente e me comprometo a acatar, formulo proposición optando á adxudicación polo prezo de... ptas. (IVE incluído) e no prazo de...

En proba de aceptación de tales compromisos, deixo asegurada esta proposición co depósito previo esixido, como xustifico co regardo que achego.

Data e sinatura do propoñente.

Presentación de proposicións: presentaranse en sobre pechado no rexistro xeral de entrada deste concello, en man ou por correo, no prazo de vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia, en horas de nove a trece. En caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

Prego de condicións: poderán ser examinados e retirada copia no Negociado de Subministración e Compras, 2ª pranta do Pazo Municipal, praza de Mª Pita, nº 1, 15001 A Coruña.

A Coruña, 9 de outubro de 1995.

O alcalde

Rubricado

95-6511