Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Venres, 20 de outubro de 1995 Páx. 7.814

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE XINZO DE LIMIA

ANUNCIO.

Faise público, nos termos e para os efectos definidos no Art. 114 do texto refundido da Lei sobre o réxime do solo e do ordenamiento urbanístico, que o pleno municipal, en reunión do 28 de setembro de 1995, deliberou aprobar inicialmente o dictame da Comisión Informativa de Obras Públicas, Urbanismo, Agricultura, Industria e Comercio, do 22-9-95, relativo á modificación puntual do Plan Xeral de Ordenamento Urbano, consistente en cambia-la cualificación de equipamento escolar coa que figura neste documento de planeamento, nun soar de titularidade municipal, sito na vila de Xinzo, rúa da Ladeira, deixándoo como segue:

Clasificación: reserva de solo para sistemas de comunicación, espacios libres e equipamentos.

Zonificación: zona de equipamentos.

Sistemas xerais de infraestructuras: equipamento-comunicación (Correos).

O expediente estará á dispor do público durante o plazo de un mes contado desde o día seguinte a aquel en que este anuncio apareza no Diario Oficial de Galicia, aos efectos de que poida ser examindado, e se é o caso, alegado polos interesados.

Xinzo de Límia, 6 de outubro de 1995.

O presidente do concello de Xinzo de Límia