Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Venres, 20 de outubro de 1995 Páx. 7.813

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 1995 pola que se anuncia concurso público, por procedemento aberto de tramitación urxente, para contrata-la realización das obras de adaptación para a residencia de estudiantes na estación de Renfe (Expte. número 407/1995).

O rector, unha vez cumplidos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar concurso público, por procedemento aberto de tramitación urxente, para a adxudicación da obra que a continuación se indica:

Obxecto: obras de adaptación para a residencia de estudiantes na estación de Renfe (Expte. nº 407/1995).

Orzamento de licitación: 8.113.000 ptas (IVE incluído).

Garantía provisional: 2% do importe de licitación.

Garantía definitiva: 4% do importe de licitación.

Prazo de execución: como máximo vinte días de acordo coas condicións indicadas no prego de cláusulas administrativas particulares.

Clasificación empresarial: non se esixe.

Prego de condicións: os interesados poderán consultalos ou solicita-lo seu envío por correo ó Servicio de Xestión Económica e Contratación da Universidade de Vigo, rúa Oporto, 1-2ª planta, C.P.36201 Vigo (Pontevedra) das 9 ás 14 horas de luns a venres.

Lugar de presentación: as propostas presentaranse no Rexistro Xeral da Universidade de Vigo, rúa Oporto, 1 planta baixa, C.P. 36201 Vigo (Pontevedra) das 9 ás 14 horas de luns a sábado.

Prazo de presentación: o prazo para a recepción das ofertas, comezará ó día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG e rematará o décimo terceiro día natural ás 14 horas.

Documentación que presentarán os licitadores: a especificada no prego de cláusulas administrativas.

Apertura de ofertas: terá lugar na sala de xuntas do rectorado, rúa Oporto, 1 Vigo (Pontevedra), ás once horas do segundo día hábil seguinte o da data de remate do prazo de presentación de propostas (en caso de cadrar en sábado terá lugar o día hábil seguinte).

Información adicional: non se admitirán variantes ou alternativas.

O importe desta anuncio correrá a cargo da empresa adxudicataria.

Vigo, 13 de outubro de 1995.

José Pose Blanco

Vicerrector de Economía da Universidade de Vigo

6739