Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Venres, 20 de outubro de 1995 Páx. 7.810

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se publican as adxudicacións definitivas de varios contratos de redacción de proxectos das obras: Facultade de Ciencias Sociais de Pontevedra e tres máis.

Para os efectos previstos no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas, esta secretaría acordou dar publicidade ás adxudicacións dos contratos de redacción de proxecto que se relacionan.

-Concurso de redacción de proxecto da Facultade de Ciencias Sociais de Pontevedra.

Resolución do 7-8-1995.

Sistema de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Importe: 21.523.110 ptas.

Adxudicatario: José Carlos Arrojo Lois.

-Concurso de redacción de proxecto da Facultade de Dereito e Empresariais de Ourense.

Resolución do 7-8-1995.

aberto.

Importe: 18.130.000 ptas.

Adxudicatario: María Jesús Castelo Villanueva.

-Concurso de redacción de proxecto da 3ª fase do edificio de económicas (dereito económico) de Vigo.

Resolución do 7-8-1995.

Sistema de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Importe: 11.121.600 ptas.

Adxudicatario: Alfonso Penela Fernández.

-Concurso de redacción de proxecto do Laboratorio de Enxeñería Civil de Galicia no Campus de Elviña na Coruña.

Resolución do 7-8-1995.

Sistema de adxudicación: concurso procedemento aberto.

Importe: 9.125.284 ptas.

Adxudicatario: Iceacsa

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 1995.

Juan J. Bértolo Cadenas

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

95-06740