Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Mércores, 18 de outubro de 1995 Páx. 7.753

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 1995, da Dirección Xeral de Marisqueo e Acuicultura, pola que se anuncia a subministración de tres vehículos todo terreo con destino ós servicios da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura polo procedemento aberto por concurso.

Obxecto: subministración de tres vehículos todo terreo con destino ós servicios desta consellería.

Prazo de entrega: un mes.

Orzamento: 11.900.000 ptas.

Documentos de interese para os licitadores: a documentación poderá solicitarse na Dirección Xeral de Marisqueo e Acuicultura, edificio administrativo San Caetano nº 5, 2º os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións.

Fianza provisional: 238.000 ptas.

Fianza definitiva: 476.000 ptas.

Modelo de proposicións: a proposición económica exustarase ó modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación de proposicións: presentaranse no Rexistro da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura ou na forma que dispón o artigo 100 do Regulamento de contratos do Estado, no prazo de vinteseis días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

Documentación que presentarán os licitadores: a que se especifica no prego de cláusulas administrativas.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 10 horas do terceiro día hábil contado a partir da data de remate do prazo de presentación de proposicións, agás no caso de que coincidise en sábado ou festivo, que se trasladaría ó inmediato día hábil seguinte, na Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura nos edificios administrativos de San Caetano.

O anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 1995.

Amancio Landín Jaráiz

Director xeral de Marisqueo e Acuicultura

95-06389