Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Martes, 17 de outubro de 1995 Páx. 7.692

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 1995, da Dirección de Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Oza, pola que se anuncia concurso público aberto, polo trámite de urxencia, para a subministración de equipos de anestesia (C.P. 23/1995).

O xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Oza, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 15-9-1994 sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la subministración que a seguir se cita:

Subministración: equipos e aparellos médicos-equipos de anestesia, correspondentes ó plan de necesidades do complexo hospitalario(C.P. 23/1995).

Orzamento: 14.950.000 ptas. IVE incluído.

Fianza provisional: 299.000 ptas.

Lote 1: anestesia Hospital Juan Canalejo.

Orzamento: 5.950.000 de ptas.

Fianza provisional: 119.000 ptas.

Lote 2: anestesia Hospital Materno-Infantil Teresa Herrera.

Orzamento: 9.000.000 de ptas.

Fianza provisional: 180.000 ptas.

1. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e trámite de urxencia.

2. Prazo de execución: os bens obxecto do presente concurso público entregaranse nun prazo de 20 días contados a partir da data de adxudicación.

3. Admisión de variantes: admítense cantas variantes propoñan nas súas ofertas os licitadores, sempre que as partidas teñan especificacións técnicas iguais ou superiores ás indicadas no anexo I (prego de prescricións técnicas).

4. Solvencia económica e financeira: acreditarase de acordo co estalecido no artigo 16.1º c) da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

5. Solvencia técnica: acreditarase de acordo co establecido no artigo 18 a), b), c) e d) da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

6. Criterios de adxudicación: prezo (40%), calidade técnica e prestacións (25%), servicio técnico e mantemento (15%), prestacións técnicas adicionais ás requiridas (10%) e outros (10%).

7. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados na Dirección de Xestión-Sección de Investimentos (edificio da Escola de Enfermería, anexo ó Hospital Juan Canalejo, planta soto). As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono (981) 17 80 73, fax (981)17 80 71.

8. Presentación das proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do complexo hospitalario mencionado no apartado 7, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo dentro do prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax: (981) 17 80 71 ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

9. Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas de Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Oza ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

10. Documentación que deberán presenta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares e especiais.

11. Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do/s adxudicatario/s do/s contrato/s.

A Coruña, 29 de setembro de 1995.

Josep Santacreu Bonjoch

Director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Oza

6647