Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Martes, 17 de outubro de 1995 Páx. 7.688

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 1995, da Dirección de Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Oza, pola que se anuncia concurso público aberto, polo trámite de urxencia, para a subministración de mobiliario xeral (C.P. 19/1995).

O xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Oza, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 15-9-1994 sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la subministración que a seguir se cita:

Subministración: mobiliario xeral, correspondente ó plan de necesidades do complexo hospitalarioo (C.P. 19/1995).

Orzamento: 30.091.877 ptas. IVE incluído.

Fianza provisional: 601.838 ptas.

Lote 1: mobiliario Servicio Crirurxía Xeral «A».

Orzamento: 757.401 ptas.

Fianza provisional: 15.148 ptas.

Lote 2: mobiliario laboratorio.

Orzamento: 2.488.185 ptas.

Fianza provisional: 49.764 ptas.

Lote 3: mobiliario vario-dirección de enfermería.

Orzamento: 1.344.173 ptas.

Fianza provisional: 26.883 ptas.

Lote 4: mobiliario Servicio de Xestión Económica.

Orzamento: 1.334.832 ptas.

Fianza provisional: 26.697 ptas.

Lote 5: mobiliario Servicio de Compras e subministracións.

Orzamento: 998.410 ptas.

Fianza provisional: 19.968 ptas.

Lote 6: mobiliario Serivio de Personal.

Orzamento: 2.638.166 ptas.

Fianza provisional: 52.763 ptas.

Lote 7: mobiliario Servicio de Informática.

Orzamento: 4.460.823 ptas.

Fianza provisional: 89.216 ptas.

Lote 8: mobiliario plantas do Hospital Juan Canalejo.

Orzamento: 7.957.559 ptas.

Fianza provisional: 159.151 ptas.

Lote 9: mobiliario consultas externas e outros.

Orzamento: 5.634.808 ptas.

Fianza provisional: 112.696 ptas.

Lote 10: mobiliario bancos para todo o complexo hospitalario.

Orzamento: 1.517.520 ptas.

Fianza provisional: 30.350 ptas.

Lote 11: mobiliario taboleiro de anuncios para todo o complexo hospitalario.

Orzamento: 960.000 ptas.

Fianza provisional: 19.200 ptas.

1. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e trámite de urxencia.

2. Prazo de execución: os bens obxecto do presente concurso público entregaranse nun prazo de 20 días contados a partir da data de adxudicación.

3. Admisión de variantes: admítense cantas variantes propoñan nas súas ofertas os licitadores, sempre que as partidas teñan especificacións técnicas iguais ou superiores ás indicadas no anexo I (prego de prescricións técnicas).

4. Solvencia económica e financeira: acreditarase de acordo co estalecido no artigo 16.1º c) da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

5. Solvencia técnica: acreditarase de acordo co establecido no artigo 18 a), b), c) e d) da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

6. Criterios de adxudicación: prezo (60%) e calidade (dos materiais e outros) e estética (40%).

7. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados na Dirección de Xestión-Sección de Investimentos (edificio da Escola de Enfermería, anexo ó Hospital Juan Canalejo, planta soto). As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono (981) 17 80 73, fax (981)17 80 71.

8. Presentación das proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente,

no rexistro xeral do complexo hospitalario mencionado no apartado 7, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo dentro do prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax: (981) 17 80 71 ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

9. Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas de Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Oza ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

10. Documentación que deberán presenta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares e especiais.

11. Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do/s adxudicatario/s do/s contrato/s.

A Coruña, 29 de setembro de 1995.

Josep Santacreu Bonjoch

Director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Oza

6643