Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Martes, 17 de outubro de 1995 Páx. 7.686

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCION do 10 de outubro de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de procedemento aberto, mediante concurso público, para a construcción do edificio de nova planta destinado a sede da Audiencia Provincial da Coruña.

Obxecto do contrato: construcción do edificio de nova planta destinado a sede da Audiencia Provincial da Coruña.

Orzamento: 811.895.302 pesetas, IVE engadido.

Prazo de execución: 18 meses.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas e o proxecto estarán á disposición dos interesados para o seu exáme na Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación das proposicións, sita no complexo administrativo de San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta, Santiago de Compostela, teléfono (981) 54 45 17.

As copias da documentación e o proxecto poderán solicitarse en Tórculo Artes Gráficas, S.L., r/ Rosalía de Castro, 51-baixo, Santiago de Compostela (15703), teléfono (981) 59 78 55, mediante o aboamento do seu importe.

Fianza provisional: 16.237.906 ptas.

Fianza definitiva: 32.475.812 ptas.

Clasificación que se esixe:

Grupo C, subgrupo C2, categoría f).

Grupo I, subgrupo I6, categoría d).

Grupo J, subgrupo J2, categoría d).

Subgrupo J4, categoría c).

Modelo de proposición: a proposición económica axustarase estrictamente ó modelo que se xunta no anexo ó prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo e lugar para a presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, sito no complexo administrativo da San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta, Santiago de Compostela. O prazo de admisión rematará ás catorce horas (14) do día 27 de novembro de 1995.

Apertura das proposicións: unha vez que cualifique a mesa de contratación a documentación contida no sobre 1, a apertura das proposicións económicas terá lugar, en acto público, o día 5 de decembro de 1995 ás trece horas (13), na sala de xuntas da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, sita no complexo administrativo de San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta, Santiago de Compostela.

Anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Data de envío do anuncio á oficina de publicacións oficiais da Comunidade Europea: 6 de outubro de 1995.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 1995.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

6371