Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Martes, 17 de outubro de 1995 Páx. 7.670

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 1995, da Dirección Xeral do Patrimonio Histórico e Documental, pola que se incoa expediente para a declaración de delimitación do contorno do templo parroquial de San Pedro Fiz de Hospital no Concello do Incio (Lugo).

O Real decreto do 19 de xuño de 1981, Boletín Oficial del Estado do 10 de agosto de 1991, declarou ben de interese cultural con categoría de monumento histórico artístico o templo parroquial de San Pedro Fiz de Hospital, concello do Incio, Lugo.

Sendo a devandita declaración anterior á entrada en vigor da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español, cómpre na actualidade concreta-la delimitación do seu contorno.

En consecuencia, e vistos os informes dos servicios técnicos e órganos consultivos, favorables á incoación do expediente para a declaración da delimitación do contorno do templo parroquial de San Pedro Fiz de Hospital, concello do Incio, Lugo, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro.-Ter por incoado expediente para a declaración da delimitación do contorno do templo parroquial de San Pedro Fiz de Hospital, O Incio, Lugo.

Protexer este monumento e a zona afectada pola incoación, a delimitación do cal é a seguinte:

O punto 1 da liña de delimitación do contorno da igrexa de San Pedro Fiz de Hospital queda definida no eixo das estradas Cruz do Incio-Ferrería e A Pobra de Brollón-Hospital.

Continúa polo eixo da estrada á Pobra de Brollón ata o punto 2 , situado no dito eixo da estrada á altura do linde noroeste da parcela catastral 126 (onde se atopa o cemiterio). A liña percorre os lindes desta parcela ata volver a saír á estrada que vai á Pobra, onde se sitúa o punto 3.

Discorre a partir deste punto, atravesando a estrada, polo eixo dun camiño de terra ata o punto 4, a partir do cal continúa polo linde oeste da parcela catastral 7(p-52) ata atopar, cara ó sur, un camiño que segue

en dirección nordeste ata o punto 5 onde se desvía, por outro eixo do camiño, en dirección oeste ata o punto 6, no dito eixo, a partir do cal empeza a discorrer polos lindes sur das parcelas catastrais 30, 33, 5 e 19 onde se atopa o punto 7, no camiño que conduce á estrada da Ferrería.

No encontro dos eixos do camiño e da estrada citados atópase o punto 8.

A partir deste, continúa, despois de atravesa-la estrada, polos lindes leste das parcelas catastrais 2-g, 2-d, e 2-f-(p-46), onde se fixa o punto 9.

A partir deste percorre o eixo dun camiño en dirección norte, ó chegar á canle dun regato, o camiño cambia de dirección cara ó sur, onde se atopa o punto 10 á altura da parcela 334 (p-46) segue en dirección norte polos lindes noroeste das parcelas catastrais 334 e 333 (p-46) ata o punto 11 situado no eixo dun camiño que en dirección sur conduce ata o lugar de Hospital, punto 12 da liña de delimitación.

Bordeando todo o núcleo de poboación atópase o punto 13 situado no cruzamento do acceso ó dito núcleo coa estrada O Incio-Ferrería.

Segundo.-Segui-la tramitación do expediente segundo as disposicións vixentes.

Terceiro.-Dar traslado da resolución ó alcalde do Incio, Lugo, e notificarlle que o outorgamento das novas licencias de obras e a execución das xa concedidas antes de incoarse o expediente, precisarán resolución favorable da Dirección Xeral do Patrimonio Histórico e Documental.

Cuarto.-Notifica-la presente resolución ó bispado de Lugo, ó Rexistro de Bens de Interese Cultural do Ministerio de Cultura, e o Rexistro de Bens de Interés Cultural de Galicia.

Quinto.-Que a presente resolución sexa publicada no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado, abríndose un período de información pública de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 1995.

Ángel Sicart Martínez

Director xeral do Patrimonio Histórico e Documental

6602