Vistos os expedientes incoados pola empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo na rúa Severo Ochoa, número 2, 15008 A Coruña, para a autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detallan:
-Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
-Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008, A Coruña.
-Denominación: L.M.T. subterránea e C.T. de distribución tipo subterráneo.
-Situación: E. Sagrada Familia-Vilaboa (Culleredo).
-Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15/20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. de 12/20 kV de 3(1x150) mm A.L., de 70 m de lonxitude, con orixe na liña denominada Ramallal-Praza de Souto (Expte. 52579) e remate en C.T. que se vai construír en Sagrada Familia-Vilaboa.
-Centro de transformación en soto edificio Sagrada Familia-Vilaboa, de 400 kVA e tensións de 15/20/0,380-0,220 kV. Culleredo.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
A Coruña, 8 de setembro de 1995.
Juan Ignacio Lizaur Otero
Delegado provincial da Coruña
6439