Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Martes, 17 de outubro de 1995 Páx. 7.667

II. AUTORIDADES E PERSOAL

SUBSTITUCIÓNS:

PRESIDENCIA

DECRETO 267/1995, do 16 de novembro, polo que se acorda encarga-lo despacho de asuntos da Presidencia, durante a ausencia do seu titular, ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública.

Con motivo da viaxe do presidente da Xunta de Galicia á República Dominicana e Venezuela, cómpre prove-la substitución durante o tempo da súa ausencia.

Polo tanto, en uso das atribucións que me confire o artigo 26.7º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo único.-Durante a ausencia do presidente da Xunta de Galicia, con motivo da súa viaxe á República Dominicana e Venezuela, encárgaselle o despacho de asuntos da Presidencia, desde o día dezaoito de novembro ata o seu regreso, ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública.

Santiago de Compostela, dezaseis de novembro de mil novecentos noventa e cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

9506315