Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Luns, 16 de outubro de 1995 Páx. 7.662

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO.

A Consellería de Xuventude do Concello de Vigo convoca o I premio de guión Chano Piñeiro 1995. Organiza Cine-Clube Lumiere de Vigo.

Participantes: galegos/as e/ou residentes en Galicia de 15 a 35 anos de idade.

Premios: 150.000 ptas. para o mellor guión de curtametraxe de ficción. 150.000 ptas. para o mellor guión documental.

Documentación esixida: guión por triplicado, fotocopia do DNI, certificado de residencia, declaración do/a autor/a de que a súa obra é inédita, datos personais e teléfono de contacto.

Prazo: a admisión de obras remata o 29 de decembro de 1995.

Envíos ou entregas: premio de guión Chano Piñeiro. Casa da Xuventude. Rúa López Mora, 31. 36211 Vigo (Pontevedra).

Máis información sobre as bases: Cine-Clube Lumiere, teléfono e fax, (986) 22 09 10.

Casa da Xuventude, teléfono (986) 29 48 06 e fax (986) 29 49 34.

Vigo, 29 de setembro de 1995.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde