Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Luns, 16 de outubro de 1995 Páx. 7.660

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 1995, do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, pola que se fan públicas as razóns que xustifican a utilización do procedemento de contratación directa do alugueiro dun inmoble na cidade de Santiago de Compostela, para instalar dependencias administrativas do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller.

En cumprimento do disposto no artigo 22.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma e 55 do seu regulamento, e á vista das competencias que teño atribuídas conforme a Lei 3/1991, do 14 de xaneiro, e o Decreto 5/1995, do 12 de xaneiro,

RESOLVO:

Facer público que, por razóns de extrema urxencia e limitacións do mercado inmobiliario, se xustifícase, logo de informe da Intervención Delegada e por proposta do órgano xestor do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home da Muller, a utilización do procedemento de contratación directa do algueiro dun inmoble sito na Praza de Europa, 15, 17, 2º, Área Central, As Fontiñas en Santiago de Compostela, para dependencias administrativas do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller.

Santiago de Compostela, 2 de agosto de 1995.

Mª Carmen Bianchi Valcarce

Directora xeral do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller

6375