Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Luns, 16 de outubro de 1995 Páx. 7.658

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 1995, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Federación Galega de Comerciantes de Mercados de Abastos (FE.GA.CO.ME.).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos neste, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta

de constitución e mailos estatutos da Federación Galega de Comerciantes de Mercados de Abastos (FE.GA.CO.ME.) que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita federación tódalas asociacións de comerciantes de mercados de abastos pertencentes á Comunidade Autónoma de Galicia que estean legalmente constituídas.

Asinan a acta de constitución: José Fernández Rodríguez e outra persoa máis.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 1995.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

6330