Por acordo da xunta directaiva, convócanse xunta xeral extraordinaria de mutualistas, que se celebrará o próximo día 31 de outubro, ás 12 horas, no domicilio social, sito en Barcelona, Vía Augusta nº 36, 8º piso.
Caso de non acada-la asistencia prevista nos artigos 19 e 20 dos estatutos sociais, a xunta celebrarase ás 13 horas, do mesmo día e lugar.
A orde do día para a xunta xeral extraordinaria será a seguinte:
1. Exame e aprobación, se é o caso, da proposta de fusión por absorción doutra mutua que formula a xunta directiva.
2. Dilixencias e apoderamentos para levar a efecto o trámite de absorción.
Para facer uso do dereito do voto, segundo o artigo 15 dos estatutos, deberá acreditarse, perante o secretario da xunta directiva, estar o corrente das obrigas sociais.
Barcelona, 27 de setembro de 1995.
Andrés Colomer Munmany
Presidente