Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Venres, 13 de outubro de 1995 Páx. 7.625

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

EXPOSICIÓN pública do proxecto de urbanización na rúa das Escaleiras entre Tomás A. Alonso e San Gregorio.

Aprobado inicialmente polo Concello Pleno, o 18 de xullo de 1995, o proxecto de urbanización na rúa das Escaleiras entre Tomas A. Alonso e San Gregorio (3904/401), redactado polo arquitecto Luis Sarasquete Otero, con visados do COAG do 29 de decembro de 1994 e 30 de maio de 1995; sométese a información pública polo prazo de quince días hábiles con anuncios no Diario Oficial de Galicia, BOP, Faro de Vigo e taboleiro de anuncios da Casa do Concello, con notificación individuais.

O prazo entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate dos quince días, contados desde o día seguinte ó do derradeiro anuncio.

De non presentarse alegacións durante a exposición pública, o proxecto, automaticamente, considerarase aprobado definitivamente.

O que se fai público para xeral coñecemento, significando que a documentación se atopa na Oficina Municipal de Información para exame e alegacións.

Vigo, 21 de setembro de 1995.

Manuel Pérez Alvarez

Alcalde

6559