Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Mércores, 11 de outubro de 1995 Páx. 7.588

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

O Pleno Municipal, na súa sesión de 29 de agosto de 1995, adoptou o seguinte acordo:

1. Aprobar, con carácter inicial o estudio de detalle da U.A. número 62, que ten por obxecto adaptar e reaxusta-las alineacións e establecer rasantes nas vías que define o plan, así como ordena-los volumes edificatorios correspondentes á unidade.

2. Somete-lo documento aprobado a información pública por prazo de 15 días na forma prevista na normativa en vigor.

Durante un prazo de 15 días hábiles a contar desde o seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, poderá ser examinado o expediente nas oficinas municipais e formularse as alegacións que se coiden pertinentes.

Culleredo, 11 de setembro de 1995.

Ricardo Seoane Candamio

Alcalde en funcións

95-6316