Convócase concurso público, por procedemento aberto, polo trámite de urxencia, para a subministración dun sistema de acceso en rede ás bases de datos en disco óptico para o servicio de biblioteca.
O prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación de subministración por concurso público pódese retirar na xerencia, Servicio de Xestión Económica, na sede do rectorado sita en r/ Maestranza, s/n, A Coruña, de luns a venres e de 9 a 14 horas.
As propostas presentaranse no rexistro xeral da universidade, r/ Maestranza, s/n, de luns a venres e de 9 a 14 horas.
O prazo de presentación de proposicións rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
A apertura de proposicións celebrarase o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, ás 11 horas da mañá na sala de xuntas da xerencia; se este día coincide en sábado realizarase o luns seguinte á mesma hora.
Orzamento de contratación: once millóns de pesetas (11.000.000 de ptas.).
Garantía provisional: duascentas vinte mil pesetas (220.000 ptas.).
A Coruña, 3 de outubro de 1995.
P.D. (Resolución 30-3-1990)
José María Pujalte Giménez
Xerente da Universidade da Coruña
9506505