A Delegación Provincial de Ourense convoca o seguinte concurso polo procedemento aberto:
Obxecto: realización dun proxecto para o edificio do laboratorio de metroloxía da Consellería de Industria e Comercio no parque tecnolóxico de Galicia.
Orzamento: quince millóns de pesetas (15.000.000 de ptas.).
Docuemntos de interese para os licitadores: os pregos de prescricións técnicas e de cláusulas administrativas particulares estarán de manifesto e á disposición dos interesados para o seu exame, durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina, na Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Ourense, sita na rúa Curros Enríquez, 1-4ª planta.
Presentación de ofertas: as ofertas dirixiranse en calquera dos modos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado á Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio, no prazo de vinteseis días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Apertura de pregos: a apertura de pregos terá lugar na delegación provincial da Consellería de Industria e Comercio, ás once horas de décimo primeiro día seguinte ó da finalización do prazo de presentación
de proposicións, se este fose inhábil, posporase ó primeiro día hábil seguinte.
Documentos que deben presenta-los licitadores: os indicados na cláusula 5ª do prego de cláusulas administrativas.
Fianza provisional: será do dous por cento (2%) sobre o tipo de licitación.
Prazo de execución: será de seis meses a partir da sinatura.
O importe deste anuncio correrá por conta do adxudicatario.
Ourense, 2 de outubro de 1995.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense
9506501