Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Mércores, 11 de outubro de 1995 Páx. 7.578

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 1995 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público aberto, da contratación de asistencia técnica para a realización dos traballos de mantemento do banco de datos para análise de conxuntura e avaliación do crecemento da actividade económica de Galicia durante 1995.

A Consellería de Economía e Facenda, por proposta da Dirección Xeral de Planificación Económica e Relacións coa U.E., convoca o seguinte concurso público:

1. Obxecto: mantemento da base de datos para a análise de conxuntura e avaliación do crecemento da actividade económica de Galicia durante 1995.

2. Orzamento: 9.700.000 ptas.

3. Prazo de execución: tres meses contados desde a formalización do contrato.

4. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares así como o prego de prescricións técnicas estarán á disposición dos licitadores para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Planificación Económica e Relacións coa U.E. da Consellería de Economía e Facenda, edificio Administrativo de San Caetano, en Santiago de Compostela.

5. Fianzas: provisional, 2 por cento do orzamento máximo 194.000 ptas. Definitiva, 4 por cento do dito orzamento 388.000 ptas.

6. Clasificación e categoría: non se esixe.

7. Modelo de proposición: a proposición económica formularase conforme o modelo que se xunta como anexo I ó prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de proposicións: as proposicións terán que ser presentadas en sobre pechado no Rexistro xeral da Consellería de Economía e Facenda, ou enviadas por correo dentro do prazo de admisión, nos termos establecidos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, redactado segundo Real decreto 2528/1986, do 28 de novembro.

O prazo de presentación de proposicións comezará ó día seguinte ó da publicación desta resolución e rematará ás catorce horas do vixésimo sexto día natural, que non coincida en sábado, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

9. Documentación que deberán xunta-los licitadores: toda a documentación que se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Medios de acreditación da solvencia.

Económica e financeira: por calquera dos medios comprendidos no artigo 16 da Lei 13/1995.

Técnica ou profesional: polos medios previstos nos apartados a), b), c), d), e) e f) do artigo 19 da Lei 13/1995.

11. Criterios de adxudicación: os comprendidos no anexo II do prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Apertura de proposicións: a apertura das proposicións será levada a cabo pola mesa de contratación ás dez horas do sexto día hábil, que non coincida en sábado, contado a partir do derradeiro día de presentación de proposicións.

Os anuncios e demais gastos que orixine este concurso serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 1995.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda

6396